top of page

Estamos xa na Terceira Semana das Ciencias. Nesta ocasión afondaremos nunha disciplina moi presente na vida cotiá, e que en xeral facilita moitas das tarefas que realizamos a diario: a tecnoloxía.

​

Pero, que saben os rapaces sobre a tecnoloxía? serán quen de empregar a súa creatividade para crear obras de enxeñaría? Nesta semana coñeceremos o nacemento da tecnoloxía, abordaremos as súa parte positiva cara a evolución do Planeta, pero tamén concienciaremos sobre a contaminación derivada do seu uso. Veremos diferentes medios de transporte, enerxías e como non, as máquinas que cambiaron o mundo! 

​

O material empregado nas diferentes actividades é de elaboración propia. Os alumnos/as de secundaria participaron na elaboración do mesmo, e serán tamén alumnos/as de secundaria os que impartan a maioría das actividades desta semana. Contamos ademais con dous colaboradores alleos ao centro que nos farán ver a realidade dende outra perspectiva.

​

Para levar a cabo algunha das actividades os alumnos/as desprazaranse ao laboratorio do centro.

​

Podedes consultar o programa semanal nesta web.

​

© 2020 Colexio Possumus

bottom of page