top of page

Benvidos á Semana da Bioloxía. Ao longo da mesma os alumnos de infantil e primaria achegaránse aos sentidos, as funcións vitais e á percepción humana, descobrirán os procesos relacionados coa nutrición e a respiración das plantas e coñecerán a eses pequenos animaliños que son os insectos. Aprenderán que a dentición dos animais está directamente relacionada coa súa alimentación, e serán detectives na procura de pegadas dactilares... 

Todo o material empregado nas diferentes actividades é de construción propia. Os alumnos/as de secundaria participaron na elaboración do mesmo, e serán tamén alumnos de secundaria os que impartan a maioría das actividades aos máis pequenos. 

Podedes consultar o programa semanal nesta web.

bottom of page