top of page

Sobre DIVERCIENCIAS

Diverciencias naceu no curso 2016-2017 co afán de promover e achegar as ciencias aos máis pequenos do colexio. De xeito totalmente lúdico e divertido os alumnos viviron seis semanas cargadas de actividades emocionantes que non pasaron desapercibidas.

Esta experiencia resultou moi divertida xa que combina a aprendizaxe co xogo e ao mesmo tempo moi enriquecedora tanto para alumnos como para toda a comunidade escolar. Deste modo, os nenos/as percibiron a Ciencia como algo totalmente lúdico e esquecéronse da idea de números, datos e cifras aburridas. Porque a ciencia tamén é diversión, descubrimento, misterio, experimentación e como non, creación.

Xa imos pola tercera edición e vimos cargados de novas actividades coas que o alumnado poderá ter outra perspectiva das ciencias e que potenciarán a adquisición neles dun punto de vista máis crítico. Aprenderán a observar pero tamén a participar, a buscar ideas e solucións e sobre todo, terán que extraer as súas propias conclusións, e todo estimulando o razoamento lóxico e a súa propia creatividade. 

                                                                            Espertemos a curiosidade pola Ciencia e o Coñecemento!

bottom of page