top of page

Sobre DIVERCIENCIAS

Diverciencias nace co afán de promover e achegar as ciencias aos máis pequenos do colexio. De xeito totalmente lúdico e divertido os alumnos vivirán seis semanas cargadas de actividades emocionantes que non pasarán desapercibidas.

Esta experiencia resultará moi divertida xa que combina a aprendizaxe co xogo. Deste modo, os nenos/as perderán o medo á Ciencia e esqueceranse da idea de números, datos e cifras aburridas. Porque a ciencia tamén é diversión, descubrimento, misterio, experimentación e como non, creación.

Con estas actividades non pretendemos converter os nosos alumnos/as en científicos/as que traten de dar respostas ás grandes preguntas que todavía están por resolver, ou que descubran vacinas contra enfermidades hoxe por hoxe incurables, pero si, que vexan o mundo dende un punto de vista máis crítico, que aprendan a observar e tamén a participar, que busquen ideas e solucións e sobre todo, que lles permita extraer as súas propias conclusións, estimulando o razoamento lóxico e a súa propia creatividade. 

                                                                            Espertemos a curiosidade pola Ciencia e o Coñecemento!

bottom of page